Publicado por: Escola de Fútbol de Viveiro | Abril 23, 2014

PARTIDOS FIN DE SEMANA

Esta fin de semana temos unha cita importante en Vilalba, alí o domingo día 27 o noso Prebenxamin A xogará a Promoción á Fase Final Galega. O primeiro partido será ás 11:00 contra a SDC Polvorin sendo a outra semifinal SD Ribadeo A contra SDC Residencia. O gañador destes encontros xogará unha final ás 12:15,  na que o gañador proclamarase campeón provincial. Os dous finalistas quedarán clasificados para a fase Galega. En caso de perder xogaríase un partido polo tercer e cuarto posto.

SORTE RAPACES!!!!!!!!!!!!!!!!!

O resto de categorías seguirán competindo nas liguillas previas á copa. Os lugares e horarios dos encontros podedelos consultar na axenda.

SORTE A TODOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Publicado por: Escola de Fútbol de Viveiro | Abril 2, 2014

PARTIDOS FIN DE SEMANA

Esta fin de semana dará comezo, na categoría infantil, unha Liguilla Previa Copa. Nesta liga participarán os seguintes equipos:

Ad Praia de Covas, ED Lourenzá, SD Porto de Burela, Villalba CF e EF Viveiro.

Os partidos serán a unha volta, a clasificación contará para os posteriores cruces na copa.

O primeiro partido que disputamos é contra o SD Porto Burela, en A Marosa o sábado ás 11:30

Nas categorías Alevín A, Benxamín A, Benxamín B e Prebenxamín B xogaranse os partidos correspondentes as súas respectivas liguillas. Os horarios e lugares dos encontros podedelos consulta na Axenda.

O Alevín B e Prebenxamín A esta xornada descansan.

Sorte a todos.

Publicado por: Escola de Fútbol de Viveiro | Marzo 24, 2014

PARTIDOS FIN DE SEMANA

Esta fin de semana remata a liga en categoría Infantil, co desprazamento a Castro.

O resto de categorías xogarán as súas respectivas competicións. Os lugares e horarios dos encontros podedelos consultar na Axenda.

Sorte a todos.

Publicado por: Escola de Fútbol de Viveiro | Marzo 11, 2014

XORNADA DO FIN DE SEMANA 15-16 DE MARZO

Esta fin de semana terán lugar os encontros en todalas categorías agás na categoría Prebenxamín B que descansa. Os horarios e lugares dos encontros podedelos consultar na axenda.

Sorte a todos.

Publicado por: Escola de Fútbol de Viveiro | Febreiro 26, 2014

PARTIDOS FIN DE SEMANA

Esta fin de semana xogarán as súas ligas o Infantís e os Prebenxamíns. O resto de categorías siguen coas competicións previas de copa nos seus grupos correspondentes.

Os horarios e lugares dos encontros podedelos consultar na axenda.

Este martes día 25 xogouse o partido de Infantís, aprazado no seu día polo temporal, contra o EF Polvorín B, o resultado foi 4-5 favorable a Escola de Futbol. Noraboa rapaces.

Sorte a todos.

 

Publicado por: Escola de Fútbol de Viveiro | Febreiro 18, 2014

PARTIDOS FIN DE SEMANA

Esta fin de semana comezarán as liguillas previa copa na categoría Alevín A e Benxamín A no grupo 1º , na categoría Alevín B no grupo 2º e na categoría Benxamín B no grupo 3º.

Na categoría Infantil e Prebenxamín seguen coas súas correspondentes ligas.

Os horarios e lugares dos encontros podedelos consultar na axenda.

Por outro lado xogaranse os partidos que temos aprazados polo temporal, os horarios son os seguintes:

Categoría Infantil: EF Polvorin B – EF Viveiro , xogarase o martes día 25 ás 19:00 no campo do Polvorin, Lugo.

Categoría Prebenxamín: SD Porto Burela B – EF Viveiro A, xogarase o sábado día 22 ás 10:30 no campo da Marosa, Burela.

Categoría Prebenxamín: AD Praia de Covas – EF Viveiro B, xogarase o mércores día 19 ás 18:00 no campo de O Cembedo, Viveiro.

Sorte a todos.

Publicado por: Escola de Fútbol de Viveiro | Xaneiro 28, 2014

PARTIDOS FIN DE SEMANA

Esta fin de semana xogaranse partidos nas seguintes competicións: Infantís, Alevín B, Benxamín A e Prebenxamín B.

O Alevín A e o Benxamín B xa remataron as súas ligas, o Benxamín A remata esta fin de semana e o Prebenxamín A descansa.

Os horarios e lugares dos encontros podedelos consultar na axenda.

Sorte a todos.

Publicado por: Escola de Fútbol de Viveiro | Xaneiro 21, 2014

XORNADA DO 25 DE XANEIRO

Esta fin de semana xogarán todas as categorías nas súas competicións. Adiantarase o partido dos Benxamins ao venres día 24. O resto de partidos xogaranse o sábado.

Os horarios e lugares dos encontros podedelos consultar na axenda.

Sorte a todos.

Publicado por: Escola de Fútbol de Viveiro | Xaneiro 13, 2014

XORNADA DESTA SEMANA

Esta semana comezaremos as xornadas o xoves día 16, co encontro de Alevins, continuamos o venres co encontro dos Benxamins, seguimos o sábado nas categorías Benxamíns B e Prebenxamins A, rematamos a semana o domingo nas categorías Infantil, Alevin e Prebenxamin B.

Os horarios, rivales e lugares dos encontros podedelos consultar na axenda.

Sorte a todos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Publicado por: Escola de Fútbol de Viveiro | Xaneiro 7, 2014

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS

convocatoria elecciones

Older Posts »

Categorías